Falemos sobre a importancia da colexiación

19 - 06 - 2025

Nas vindeiras semanas compartiremos nas nosas redes sociais unha serie de vídeos breves protagonizados por profesionais como ti. Son historias reais, diversas e honestas nas que contan, en primeira persoa, por que decidiron colexiarse, que significa para elas/es formar parte do noso colectivo ou por que consideran necesaria a colexiación.

Pequenos relatos que falan de identidade, comunidade e futuro, e que poñen en valor o compromiso coa educación social. 

E ti tamén formas parte desta historia. Por iso, convidámoste a seguirnos nas redes, comentar e compartir. Axúdanos a espallar a mensaxe!

Grazas por ser parte do Ceesg.

Conéctate, crece, inflúe.

#EducaciónSocialGal