IX Congreso Estatal de Educación Social (Cartagena 2026)
Está en marcha a organización do IX Congreso Estatal de Educación Social, que se celebrará en Cartagena, Murcia, os días 21, 22 e 23 de maio de 2026 baixo o lema “La autonomía y la cultura profesional en la acción socioeducativa”. Trátase dun dos eventos de maior relevancia no ámbito da Educación Social no noso país, cun forte valor de encontro profesional, reflexión crítica e colaboración interterritorial.
Este Congreso está promovido polo Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) e organizado polo Colexio Oficial de Educadoras e Educadores Sociais da Rexión de Murcia (COESRM). Nesta edición, apostarase por un modelo híbrido de participación, ofrecendo a posibilidade de asistir tanto presencialmente como en liña vía streaming, para garantir a máxima accesibilidade e participación desde calquera territorio.
Actividades previas ao Congreso
Como antesala ao Congreso, están programadas unha serie de actividades previas que terán lugar no que resta de 2025, en diferentes lugares. Proximamente abrirase o prazo de inscrición. As primeiras citas confirmadas son:
- 2 de outubro de 2025 | COESRM (Murcia)
Acto oficial de presentación do IX Congreso Estatal de Educación Social.
enlace - 16 de outubro de 2025 | COEESCV (País Valencià)
A Educación Social nos Servizos Sociais. Boas prácticas. - 25 de outubro de 2025 | CEES Aragón
Cultura profesional da Educación Social. Elementos clave. - 13 de novembro de 2025 | CPEESM (Madrid)
A Educación Social no sistema educativo. Presente e futuro.
enlace
Contribucións ao Congreso
O Congreso abre tamén a porta á participación activa da comunidade profesional e académica a través da presentación de contribucións en diferentes formatos: comunicacións orais, pósteres, vídeos ou relatos de boas prácticas, entre outros.
As persoas interesadas poden enviar as súas propostas ata o 31 de xaneiro de 2026, seguindo as bases publicadas na web oficial do Congreso:
🔗 enlace as bases
Por que non faltar:
- Rede profesional e científico-académica: Un espazo único para compartir coñecementos, experiencias e iniciativas innovadoras con persoas comprometidas e activas no ámbito da Educación Social.
- Visibilidade: O Congreso ofrece unha plataforma de gran visibilidade, que permitirá publicar as contribucións en soportes especializados e alcanzar unha difusión ampla.
- Aprendizaxe e formación: A diversidade de formatos (obradoiros, simposios, comunicacións, mesas de diálogo, etc.) facilitará a unha comprensión plural dos retos e oportunidades da nosa profesión.
Convidamos a todas as educadoras e educadores sociais, estudantes, persoas investigadoras e profesionais vinculadas á Educación Social a visitar a web do Congreso https://congresoeducacionsocial.org/9congreso/ e seguir atentamente as súas canles oficiais.