Seminario web gratuíto: Educación social e Protección de datos, un compromiso profesional
O Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Castela e León (CEESCYL), en colaboración con PRODAT CYL, organiza o Seminario Web “Educación Social y Protección de Datos: UN COMPROMISO PROFESIONAL”, deseñado para proporcionar unha comprensión integral e práctica da protección de datos no eido profesional.
A formación está dirixida a educadoras e educadores sociais colexiados/as e consiste nun achegamento á Protección de Datos no que se tratarán os conceptos fundamentais, a normativa aplicable (RGPD/LOPDGDD), os principios reitores que guían o tratamento de datos persoais, e realizaranse supostos prácticos para aplicar estes coñecementos en situacións reais.
-
Data: 30 de setembro de 2025
-
Horario: de 17:30 a 19:00 horas
-
Modalidade: en liña (plataforma Zoom)
-
Dirixido a: educadoras e educadores sociais colexiados/as (aportando acreditación)
-
Data límite de inscrición: ata as 13:00 horas do 29 de setembro de 2025
-
Actividade gratuíta
-
Imparte: Esther Barrientos Fernández. Consultora en Novas Tecnoloxías e Protección de Datos. PRODAT CYL