Acto oficial de presentación do IX Congreso Estatal de Educación Social no marco do DIES

29 - 09 - 2025

No eido das actividades previas ao IX Congreso Estatal de Educación Social, o CGCEES anunciou a celebración do acto oficial de presentación, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Educación Social (DIES)

A sesión terá lugar en modalidade presencial (Murcia) e virtual, con inscripción gratuíta e certificado de asistencia.

Ademais da presentación do Congreso, o acto centrarase na temática dos servizos sociais, a través da intervención de Segundo Moyano, educador social e doutor en Pedagoxía, quen será o encargado tanto de impartir o relatorio “La Educación Social desde los Servicios Sociales de base”, como de dinamizar a mesa coloquio sobre a intervención socioeducativa dende as Unidades Básicas de Servizos Sociais do Concello de Murcia.

Este será o punto de partida público e simbólico da traxectoria que nos levará ao encontro estatal en 2026.


Ver información detallada e inscrición 


Ir á web do IX Congreso estatal de Educación Social