O CEESG súmase á declaración contra o discurso de odio e a aporofobia

01 - 10 - 2025

O CEESG vén de adherirse á declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia” promovida por EAPN Galicia, coa que máis de 120 entidades galegas amosan o seu compromiso coa dignidade das persoas en situación de vulnerabilidade.

Sumámonos a esta iniciativa como entidade que defende os dereitos, o respecto e a inclusión social, e rexeitamos calquera forma de odio, estigmatización ou culpabilización das persoas que sofren exclusión ou pobreza.


Desde o CEESG animamos a outras entidades, profesionais e institucións a sumarse tamén a esta declaración e a traballar conxuntamente por unha sociedade máis xusta, solidaria e libre de discursos que sementan medo ou rexeitamento.

Podes consultar a declaración completa aquí:
Ligazón á declaración en EAPN Galicia