Formación: prevención da explotación sexual infantil

09 - 10 - 2025

Nova formación para profesionais do sistema de protección de menores en Galicia: afrontando a Explotación Sexual Infantil e Adolescente (ESIA)

Médicos do Mundo, xunto a Fundación Cruz Blanca, Mujeres en Conflicto, APRAMP e Proyecto Esperanza, están a implementar o I Plan de Inserción Socio Laboral para mulleres e nenas vítimas de trata e explotación sexual, no marco do Plan Camino (2022-2026) do Ministerio de Igualdade.

Un dos programas que se desenvolven dentro deste plan é o de acompañamento social e psicolóxico para a recuperación integral da saúde física, mental e reprodutiva das menores tuteladas. Neste contexto, Médicos do Mundo ofrece unha formación específica ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

A formación ten como obxectivo achegar ao persoal técnico e de xestión coñecementos sobre a explotación sexual infantil e adolescente (ESIA), así como ferramentas prácticas para a detección de indicios e a intervención tanto na fase de acollida como durante o proceso de atención á infancia.

Esta formación está dirixida a profesionais que traballan —ou poidan chegar a traballar— con infancia en tutela, garda ou protección en Galicia. É unha oportunidade clave para mellorar a calidade da intervención e contribuír á protección efectiva das vítimas máis vulnerables.

 

Datos básicos do curso 

Datas: martes 4 e mércores 5 de novembro de 2025 (de 9:30h a 14:00h.)
Duración: 9 h. 
Modalidade: Presencial 
Lugar: Sede do CEESG (R/ Lisboa 20, Baixo C Santiago de Compostela) 

Cota de matriculación: De balde. 
Formación gratuíta, con preferencia de inscrición para colexiadas/os e precolexiadas/os do CEESG (ou calquera outro colexio profesional do estado). 
Inscricións: Na páxina web do Ceesg. ceesg.gal. 

Data límite inscricións: 31 de outubro do 2025. 


Máis información