Xornada “A Educación Social nos Servizos Sociais: boas prácticas”, actividade congresual previa ao IX Congreso Estatal de Educación Social

10 - 10 - 2025

O vindeiro xoves 16 de outubro celebrarase a xornada “A Educación Social nos Servizos Sociais. Boas prácticas”, organizada polo COEESCV como actividade previa ao IX Congreso Estatal de Educación Social, que terá lugar en Cartagena en maio de 2026.


A xornada desenvolverase na Universidade Miguel Hernández de Elche (Alacant) en horario de 16:30 a 20:00 horas, e pretende ser un espazo para a formación, a reflexión compartida e o fortalecemento da identidade profesional no ámbito da Educación Social, así como para a visibilización de experiencias de boas prácticas nos servizos sociais.


A participación é de balde e require inscrición previa. 


As persoas asistentes recibirán certificado de participación.


Podes consultar toda a información e acceder ao formulario de inscrición a través da seguinte ligazón:

Ver información detallada 





Ficheiros