Formación con Desconto: curso de mediación familiar (UNED)

20 - 10 - 2025

As persoas colexiadas no Ceesg poden beneficiarse dun desconto na matrícula do II Curso Práctico de Mediación Familiar, organizado pola UNED Ourense.

Esta formación desenvolverase entre o 6 de novembro de 2025 e o 6 de febreiro de 2026, e poderá seguirse tanto de maneira presencial como en liña (en directo ou en diferido).


Información xeral do curso:

  • Modalidade: presencial en Ourense ou en liña.

  • Duración: 100 horas.

  • Prezo xeral: 200 €.

  • Prezo reducido (colexiados/as Ceesg): 130 €.

  • Dirixido a: profesionais dos ámbitos social, xurídico, educativo, psicolóxico, da mediación ou afíns; tamén estudantes de últimos cursos ou máster.

A formación inclúe contidos prácticos e actualizados sobre mediación familiar, adaptados ao novo marco legal, e será impartida por profesionais con experiencia na área.

Como acceder ao desconto:

Para beneficiarse do prezo reducido, é necesario acreditar a colexiación no Ceesg no momento de formalizar a matrícula.

Máis información, inscricións e programa completo na web