Xornada “A cultura profesional da Educación Social”, actividade congresual previa ao IX Congreso Estatal de Educación Social

22 - 10 - 2025

O vindeiro sábado 25 de outubro celebrarase a xornada “A cultura profesional da Educación Social. Elementos clave”, organizada polo CeesAragón como actividade previa ao IX Congreso Estatal de Educación Social, que terá lugar en Cartagena en maio de 2026.


A xornada desenvolverase na sede da Universidade San Jorge (Zaragoza) en horario de 9:00 a 14:30 horas, e pretende ser un espazo para descubrir e reflexionar sobre a cultura profesional da Educación Social: que a define, como se constrúe, cal é o seu valor


A participación é de baldé e tamén se retransmitirá en liña. 


As persoas interesadas na retransmisión en liña teñen que contactar coa organización para pedir o enlace.


Podes consultar toda a información e acceder ao formulario de inscrición a través da seguinte ligazón:

Ver información detallada