Webinario sobre o papel da Educación Social na dirección e xestión de centros de atención a persoas maiores

22 - 10 - 2025

29 de outubro celébrase un webinario estatal organizado polo CGCEES, sobre “Educación Social: dirección y gestión de centros de servicios sociales de atención a personas mayores”

A actividade está dirixida a profesionais da Educación Social interesadas na intervención e xestión no ámbito dos servizos sociais destinados a persoas maiores.

O encontro contará coa participación de diversas voces expertas, entre elas a de Esther Pérez Enríquez, educadora social colexiada e integrante do grupo GEIX (Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica do Ceesg), quen achegará a súa visión e experiencia profesional no eido.

O obxectivo do webinario é debater e compartir reflexións sobre o papel da Educación Social na xestión, coordinación e dirección de centros de atención a persoas maiores, un ámbito onde a profesión ten moito que achegar tanto desde a intervención directa como desde o liderado de equipos e proxectos


Datos básicos

  • Data: mércores 29 de outubro de 2025

  • Modalidade: online

  • Actividade gratuíta con inscrición previa

  • Prazo de inscrición aberto ata o 27 de outubro ás 20:00 h

Ligazón á inscrición e programa completo