O proxecto Aloumiños presentarase nas IV Jornadas de Buenas Prácticas en la Lucha contra la Soledad No Deseada
O proxecto Aloumiños foi seleccionado para participar nas IV Jornadas de Buenas Prácticas en la Lucha contra la Soledad No Deseada, que se celebrarán o vindeiro 28 de octubre de 2025 en formato en liña.
Baixo o lema “Innovar, aprender, acompañar para transformar la soledad no deseada”, estas xornadas buscan visibilizar iniciativas inspiradoras e crear un espazo de aprendizaxe compartido.
O proxecto Aloumiños, impulsado polo CEESG e o Sergas, será un dos que se expoñan como boa práctica na loita contra a soidade, e formará parte deste encontro xunto a outras experiencias transformadoras.
Aloumiños ten como obxectivo promover hábitos e contornas saudables, crear espazos de benestar e fomentar o apoio social e as relacións interpersoais, reducindo os sentimentos de soidade en persoas maiores.
A Red Soledades é unha rede nacional que traballa para sensibilizar, formar, difundir e promover estudos sobre a soidade non desexada.
🗓️ Data: 28 de outubro de 2025 de 16:30 a 18:00 h.
📍 Formato: Online
🔗 Enlace para seguir a xornada