Formación con desconto: Programa de Posgrao 'Educación Social no Ámbito Penitenciario', UNED
27 - 10 - 2025
Curso académico 2025/2026.
Este programa modular está dirixido ao seguinte alumnado:
Educadoras/es sociais tituladas/os.
Educadoras/es sociais habilitadas/os con titulación universitaria.
Para obter o título de Experto será necesario aprobar os 15 créditos correspondentes aos módulos 1, 2 e 3. Para obter o título de Mestrado será necesario aprobar os 60 créditos dos módulos 1, 2, 3, 4, 5 e 6.
Período de matrícula: ata o 28 de novembro de 2025.
Datas: Cada módulo ten unhas datas concretas. O calendario completo vai do 17 de febreiro ao 28 de novembro de 2026.
Desconto do 15 %: para educadoras/es sociais colexiadas/os nos colexios profesionais do Estado.