Seminario web: Conclusións dos espazos de reflexión sobre a Educación Social

18 - 11 - 2025

CESCLM organiza o seminario web Conclusións dos espazos de reflexión sobre a Educación Social: ámbitos, sectores e encargos profesionais, que terá lugar o luns 24 de novembro de 2025 ás 18:00 horas, en formato virtual.


Este encontro, enmarcado nos actos previos ao IX Congreso Estatal de Educación Social (Cartagena, maio 2026), servirá para compartir as principais conclusións sobre os retos e a importancia da Educación Social en distintos ámbitos de intervención, destacando o valor da autonomía profesional e da cultura compartida como eixes fundamentais da acción socioeducativa.


A participación é gratuíta, previa inscrición.


Ver información detallada


Acceder á inscrición