Formación con desconto: Curso de Peritaxe xudicial desde a Educación Social
19 - 11 - 2025
Para o exercicio do peritaxe é altamente recomendable contar cunha formación específica que permita comprender o procedemento, o funcionamento da Administración de Xustiza e as características propias do informe pericial, que non é un informe ao uso.
O CPEESM organiza un curso de 100 horas que ten precisamente como obxectivo achegarnos a estes coñecementos fundamentais, ofrecendo unha formación adaptada á realidade profesional da Educación Social.
Datos básicos do curso:
Duración: 100 horas
Modalidade: En liña.
Datas: Do 1 de decembro de 2025 ao 31 de xaneiro de 2026.
Prezo:
Colexiadas: 70 €
Non colexiadas: 170 €
Inscricións abertas ata o 25 de novembro.
Na web do CPEESM atoparás a información detallada e o formulario de inscrición. (Enlace)