Xornada: Cultura profesional e autonomía: fortalecendo a identidade da Educación Social

07 - 01 - 2026

Nos últimos meses viñeron desenvolvéndose actividades vinculadas á temática do Congreso, que xa nos achegan ás temáticas principais que se van abordar. A próxima actividade será organizada polo Col·legi d'Educadores i Educadors Socials de Catalunya e a UOC. Trátase da xornada "Cultura profesional y autonomía: fortaleciendo la identidad de la educación social", que terá lugar o día 22 de xaneiro ás 18:00 h., e que será un espazo de reflexión colectiva sobre a autonomía, a cultura profesional e a identidade da Educación Social.

A sesión terá lugar en Barcelona, podendo seguirse tamén en streaming, con inscrición previa, gratuita.

Esta mesa redonda propón un espazo de reflexión sobre como se constrúe e se sostén a cultura profesional, que formas adopta a autonomía no exercicio cotián, e como se negocian as marxes de decisión en contextos marcados por encargos institucionais cada vez máis afastados das funcións profesionais da Educación Social, así como a interdisciplinariedade e os efectos da precariedade. En definitiva, falaremos de como a profesión se enfronta ao reto de afirmar a súa identidade sen perder a súa capacidade crítica nin o compromiso cos suxeitos con quen traballa.


Ir á web da xornada