Sorteo de inscricións para o IX Congreso Estatal de Educación Social

14 - 01 - 2026

O Ceesg sorteará dúas inscricións gratuítas ao IX Congreso Estatal de Educación Social, que se celebrará en Cartagena (Murcia) os días 21, 22 e 23 de maio de 2026.

Unha oportunidade única para participar nun dos encontros estatais máis relevantes da Educación Social, compartir experiencias, coñecer novas perspectivas profesionais e conectar con educadoras e educadores de todo o Estado.

O sorteo terá lugar durante a Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2026, que se prevé que se celebre en Santiago de Compostela o vindeiro 14 de marzo, e poderán participar as persoas colexiadas e estudantes precolexiadas do CEEESG que asistan á mesma.

Para coñecer os detalles consulta as bases do sorteo anexas a esta páxina.

Infórmate sobre o IX Congreso Estatal de Educación Social na súa web.