O CEESG impulsa un proxecto colaborativo de supervisión para profesionais da Educación e Apoio Familiar

26 - 01 - 2026

Dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia queremos convidar ás educadoras e educadores sociais que traballan en Servizos de Educación e Apoio Familiar de Galicia a formar parte dun novo proxecto colaborativo e grupal de supervisión e coordinación profesional.

Esta iniciativa nace coa finalidade de compartir coñecemento, reflexionar sobre a práctica profesional e xerar un espazo seguro de acompañamento, coidado e apoio mutuo entre profesionais que interveñen nun ámbito de alta complexidade.

O proxecto estrutúrase en sesións mensuais por videoconferencia, facilitando a participación desde distintos puntos do territorio. A primeira reunión terá lugar o 4 de febreiro, en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Trátase dun espazo pensado para fortalecer a práctica profesional, favorecer o traballo en rede e promover a supervisión como ferramenta clave para a mellora da intervención socioeducativa e o benestar das e dos profesionais.


Primeira sesión: 4 de febreiro
Horario: de 18:00 a 20:00 h
Formato: videoconferencia
Periodicidade: mensual


Necesaria inscrición, que pode facerse gratuitamente dende a web do Colexio.