Xa podes facerte coa túa axenda-planificador do CEESG

29 - 01 - 2026

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) pon á disposición das persoas colexiadas e precolexiadas unha nova axenda do educador/a social, deseñada como planificador semanal sen datas, o que permite comezala en calquera momento do ano.

A axenda conta cunha ilustración do artista Leandro Lamas, que simboliza valores fundamentais da Educación Social como o ecofeminismo e o acompañamento, incorporando tamén o toxo, elemento representativo do logo do CEESG.


Como conseguila

Para poder recollela é necesario:

  • Ser persoa colexiada ou precolexiada do CEESG.

  • Actualizar os datos persoais e/ou laborais no Portelo Único.

  • Pasar pola sede do CEESG para a súa recollida.

Desde o Colexio recoméndase chamar previamente para confirmar que o trámite está correctamente realizado e asegurar que o material estea preparado, evitando así esperas innecesarias.

Para máis información ou dúbidas, pódese contactar co CEESG no teléfono 981 552 206.