Ampliado prazo de contribucións ao IX Congreso Estatal de Educación Social (Cartagena 2026)
Cartagena (Murcia) acollerá os días 21, 22 e 23 de maio de 2026 o IX Congreso Estatal de Educación Social, baixo o lema “La autonomía y la cultura profesional en la acción socioeducativa”.
O Congreso convida á participación activa da comunidade profesional e académica a través da presentación de contribucións en diferentes formatos: comunicacións orais, pósteres, vídeos ou relatos de boas prácticas, entre outros.
O prazo de presentación foi ampliado ata o 6 de marzo de 2026.
Bases e toda a información no seguinte enlace:
🔗 enlace as bases
Este Congreso, promovido polo Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) e organizado polo Colexio Oficial de Educadoras e Educadores Sociais da Rexión de Murcia (COESRM) aposta por un modelo híbrido de participación, ofrecendo a posibilidade de asistir tanto presencialmente como en liña vía streaming, para garantir a máxima accesibilidade e participación desde calquera territorio.
Será unha gran oportunidade de aprendizaxe e creación de redes, na que compartir experiencias e boas prácticas que nos leven á reflexión e á mellora da nosa praxe profesional.