8 de Marzo. Día Internacional das Mulleres

08 - 03 - 2026

Educación Social: 
“Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas”


O lema do 8M da ONU este 2026 é “Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas”. A Educación Social convértese nunha ferramenta esencial para que estas palabras deixen de ser un lema e se transformen en realidade. É un chamado á acción, que se materializa a través da Educación Social:

  • Facilitando acceso á información e aos dereitos: orientando e apoiando a mulleres e nenas para que coñezan os seus dereitos e poidan tomar decisións informadas.

  • Combatendo a discriminación e os estereotipos: promovendo a igualdade de oportunidades en todos os ámbitos, desde a escola ata o traballo e a vida comunitaria, como base dunha sociedade na que a xustiza sexa real e efectiva para todas.

  • Capacitando para a acción: fomentando pensamento crítico, ensinando habilidades de participación cidadá e liderazgo, para que mulleres e nenas poidan influír positivamente na súa comunidade.

Cada conversa que fomentamos, cada recurso do que informamos, cada apoio que ofrecemos, cada acompañamento que realizamos, cada escoita, cada obradoiro, cada sesión, cada denuncia, cada compromiso constrúe un futuro máis feminista, máis libre, máis xusto.
Hoxe e sempre, desde a Educación Social galega, comprometémonos á reflexión e á acción feminista: reivindicando un mundo de paz, visibilizando os dereitos sociais, coeducando e acompañando á comunidade, en especial, a todas as mulleres e nenas no seu desenvolvemento integral. Convertindo o lema en realidade: “Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas”

CEESG, 8 de marzo de 2026



Ficheiros