Inscrición grupal ao IX Congreso Estatal de Educación Social
Abriuse o prazo das INSCRICIÓNS GRUPAIS para o IX Congreso Estatal de Educación Social que baixo o título "La Autonomía y la Cultura Profesional en la Acción Socioeducativa" celebrarase en Cartagena (Murcia) o 21, 22 e 23 maio do 2026
Consulta as diferentes propostas de aloxamento e desprazamento que existen para o Congreso (actualizaranse con novas informacións).
DESCONTOS NAS INSCRICIÓNS GRUPAIS PARA O IX CONGRESO ESTATAL DE EDUCACIÓN SOCIAL.
¿Anímaste a acompañarnos no evento máis importante para a profesión?
Benefíciate da inscrición grupal a través do CEESG. A cota reducida é de 100 euros para colexiados/as do CEESG e de 70 euros/a para estudantes de Educación Social. Esta opción será aplicable acadamos un mínimo de 10 inscricións.
Como participar da inscrición grupal?
1. Cumprimenta e asina o formulario de inscrición e cesión de datos ao COESRM e CGCEES (Colegio Oficial de Educación Social de la Región de Murcia e Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales, organizadores do Congreso), e envíao a formacion@ceesg.gal Descarga o documento: Cesión de datos inscrición grupal (106 KB)
2. Realiza a preinscrición en https://portelounico.ceesg.gal/survey/start/3d2fddfc-6f4c-4940-8080-a14450629186
3. Se es estudante de Educación Social, envía o teu xustificante de matrícula do presente curso académico a formacion@ceesg.gal
Unha vez estea formado o grupo, dende o CEESG enviaremos ao COESRM os datos das persoas que o integran para xestionar a inscrición (dende o COESRM enviaranvos un correo electrónico informando disto. Revisa o teu cartafol de spam por si chega alí)
A unión fai máis económica a inscrición!
Vémonos en Cartagena…
