Participación do CEESG na consulta previa á Lei Galega de Infancia e Adolescencia

20 - 03 - 2026

Como paso previo ao anteproxecto da Lei Galega de Infancia e Adolescencia, a Xunta de Galicia abriu unha consulta pública para recoller achegas sobre a protección e os dereitos da infancia e adolescencia.

Desde o CEESG participamos neste trámite, achegando as nosas observacións desde a perspectiva profesional da Educación Social.

Quedamos atentas á publicación do anteproxecto para seguir contribuíndo coa nosa visión e experiencia na protección e promoción dos dereitos da infancia e adolescencia en Galicia.


Ver información do portal de transparencia da Xunta.