Consultas á cidadanía sobre Leis que afectan á profesión

23 - 03 - 2026

O Ministerio de Dereitos Sociais e axenda 2030 abriu o pasado 20 de marzo o periodo de Consulta Pública Previa para o Proxecto de Lei polo que se regulan as profesións dos Servizos Sociais, co obxectivo de que a cidadanía, organizacións e outras entidades poidan realizar as súas achegas antes da elaboración do proxecto normativo. As achegas poden presentarse ata o 20 de maio.

Ver documento da consulta.


Por outra parte, o Ministerio de Sanidade abriu o prazo o pasado 18 de marzo sobre o Anteproxecto de Lei de modificación da Lei 44/2003, de 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, para adaptar a Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias (LOPS) ao actual sistema de titulacións universitarias e ao marco de cualificacións vixente. Máis de 20 anos despois da súa aprobación, a norma será revisada para adecuala á evolución das necesidades actuais. O prazo de recepción de achegas é ata o 16 de abril.

Ver documento da consulta.


Dende o CEESG xa estamos traballando na redacción das achegas a ambos proxectos. Así mesmo, queremos abrir este proceso á participación das persoas colexiadas e do conxunto do sector, polo que vos animamos a facernos chegar suxestións, propostas e ideas que consideredes relevantes.

Podedes enviar as vosas achegas ao correo servizos.colexiais@ceesg.gal, tendo en conta os seguintes prazos internos:

  • Ata o 13 de abril, para o Anteproxecto de Lei de modificación da LOPS.

  • Ata o 17 de maio, para o Proxecto de Lei de Servizos Sociais. 

A vosa participación é importante para construír unhas achegas sólidas e representativas da profesión.