Seminario Formativo Internacional. Acción socioeducativa con infancias e adolescencias en risco ou desamparo
A Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida (Santiago de Compostela) acollerá os próximos días 28, 29 e 30 de abril o I Seminario Formativo Internacional Acción socioeducativa con infancias e adolescencias en risco ou desamparo: os procesos de coordinación e acollida en recursos de protección, que combinará un formato presencial e online, cun horario de 15:30 a 20:00 horas.
O seminario está organizado polo grupo de investigación SEPA-interea, da Universidade de Santiago, e o seu programa formativo centrarase en dous eixos principais: o proceso de coordinación entre diferentes servizos do sistema de protección de menores e a intervención socioeducativa no momento da acollida.
O programa conta con profesionais da Educación Social con ampla traxectoria no ámbito de infancia e adolescencia, que ofrecerán diversas perspectivas sobre a intervención socioeducativa.
O CEESG colabora neste seminario, e ten presenza no programa, na mesa redonda "A coordinación entre servizos de protección de menores nos procesos de ingreso e acollida", na que participará a vicepresidenta do CEESG, Rocío Núñez Rúa.
O curso está dirixido a estudantes, persoal investigador e profesionais do ámbito socioeducativo, e procura ser un espazo para aprender, compartir e reflexionar sobre o traballo con crianzas e adolescentes en situación de risco.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte formulario.
Podes consultar o programa completo no documento axunto.