Proceso de regularización extraordinaria para persoas migrantes
Ante o procedemento de regularización extraordinaria de persoas migrantes, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia insta ás administracións públicas a facilitar este trámite dende a proximidade, tanto a través das profesionais dos Servizos Sociais Comunitarios como das distintas entidades que traballan no seu día a día con persoas en situación de vulnerabilidade asociada ó seu proceso migratorio.
As e os profesionais da Educación Social, tanto nas administracións públicas como nas entidades sociais, apoiaremos este proceso a través da información e acompañamento socioeducativo, así como co traballo interdisciplinar que defendemos como profesionais e que recolle a normativa galega de Servizos Sociais.
Toda a información do proceso detállase na web habilitada polo Ministerio:
🔗 https://inclusion.gob.es/eu/regularizacion
Sobre o informe de vulnerabilidade:
- Non é necesario en todos os casos. Só para persoas que estean en situación de vulnerabilidade que non teñan solicitado Protección Internacional nin poidan acreditar ningunha das outras circunstancias contempladas no proceso.
- Pode solicitarse ás entidades colaboradoras ou nos Servizos Sociais Comunitarios do concello no que residas.
- Pode ser asinado por calquera profesional técnica/o dos servizos sociais.
- O certificado debe ser selado pola entidade que o emite.