Xurés 2026. O encontro da Educación Social

13 - 05 - 2026

Un ano máis, temos o pracer de anunciar a celebración da V Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educación Social, un encontro que continúa medrando e consolidándose como un espazo de referencia para a comunidade educativa e profesional.

Con motivo do Día Internacional da Educación Social, volveremos reunirnos durante unha fin de semana pensada para compartir saberes, intercambiar experiencias e seguir tecendo redes entre profesionais, estudantes e persoas vinculadas á Educación Social. Un tempo para o diálogo, a aprendizaxe colectiva e tamén para desfrutar da convivencia nun ambiente próximo e inspirador.

Nesta nova edición, a contorna volverá ter un papel especial, ofrecendo un escenario perfecto para combinar reflexión, natureza e cultura nun contexto afastado das rutinas cotiás.


Lugar e datas: Lobios, 25, 26 e 27 de setembro de 2026.


Visitar a web