Formación con desconto: Preparación oposicións Educador/a social Xunta con Centro Estudio
O CEESG e Centro Estudio veñen de asinar un acordo de colaboración grazas ao cal as persoas colexiadas no CEESG poderán beneficiarse dun 15 % de desconto na preparación das oposicións de Educador/a Social da Xunta de Galicia. O seu método inclúe:
Clases en liña retransmitidas en directo.
Todas as clases dispoñibles gravadas ata o final da preparación.
Preparación de todos os temas (lexislación e específicos) e envío ao teu domicilio en formato impreso.
Tests con autocorrección na aula virtual e posibilidade de ver o progreso.
Avaliacións e simulacros cando se achegue o exame.
Preparación de todos os exercicios.
Sesións de coaching motivacional e de técnicas de estudo.
Resolución de consultas e dúbidas.
Actualizacións sen custo.
Se queres aproveitar esta vantaxe exclusiva para as colexiadas/os, contacta directamente con Centro Estudio Oposiciones en:
info@centroestudio.es
604 001 567
www.centroestudio.es