Celebramos o Día Internacional da Educación Social: agardámoste o 2 de outubro en Santiago

17 - 09 - 2026

O vindeiro 2 de outubro celebramos en Santiago de Compostela o Día Internacional da Educación Social. Preparamos unha xornada para encontrarnos e celebrar a nosa profesión, na que poderemos 

afondar en cuestións de interese para a práctica profesional e, ao mesmo tempo, recoñecer achegas valiosas á Educación Social.


A xornada terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida) e comezará ás 9:45 h. Ao longo da desenvolverase a palestra «Educación Social e Familias», a entrega dos premios do 12º Concurso TFG.eduso e a lectura do manifesto polo Día Internacional da Educación Social.

Será tamén unha xornada especialmente significativa para o CEESG, xa que terá lugar o acto de nomeamento como Colexiado de Honra a José Antonio Caride Gómez, en recoñecemento á súa traxectoria e á súa contribución á Educación Social.


Anímate a participar e a celebrar connosco o DIES 2026. Será unha boa oportunidade para celebrar e poñer en valor colectivamente a profesión que nos une.


Agardámoste o 2 de outubro en Santiago!


Entrada libre.