Formación con desconto: Autoestima e trastorno da conduta alimentaria. Intervención desde a Educación Social
09 - 11 - 2026
O COPESCAN organiza unha formación gratuíta dirixida a profesionais colexiados/as sobre autoestima e trastorno da conduta alimentaria.
Trátase dunha proposta formativa orientada a comprender os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA), fomentar unha autoestima e imaxe corporal saudables e desenvolver ferramentas de xestión emocional e autocoidado, destacando o papel da Educación Social na prevención e acompañamento.
Datos básicos do curso:
Modalidade: En liña.
Datas: Os martes do 10 de novembro ao 1 de decembro de 2026.
Prezo: Gratuito para persoas colexiadas. Será necesario facer un ingreso de 20 € que se devolverá se se asiste ao 80% do curso.
Na web do COPESCAN atoparás a información detallada e o formulario de inscrición. (Enlace)