Educación Social con especialidade de coñecemento propia na universidade pública española
🎓A Educación Social xa conta con especialidade de coñecemento propia na universidade pública española!
Un paso moi importante para o recoñecemento e a consolidación da nosa profesión.
O Real Decreto 1025/2026, do 18 de novembro, polo que se determinan as especialidades de coñecemento das universidades públicas españolas, recoñece expresamente á Educación Social como ámbito de coñecemento propio, co número 93.
Este recoñecemento supón un avance fundamental para a nosa profesión, reforzando a súa identidade, a súa autonomía e a súa presenza no ámbito académico e universitario.
Dende o colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia queremos poñer en valor esta noticia, que representa un paso máis cara o recoñecemento da nosa profesión.
🔗https://www.consejoeducacionsocial.net/la-educacion-social-ya-es-especialidad-de-conocimiento-propia-en-la-universidad-publica-espanola/