Seguro de RC profesional
Durante o desempeño das nosas actividades como profesionais da Educación Social estamos expostas/os a causar algún tipo de dano, xa sexa nas persoas coas que traballamos ou nos seus bens, o que constitúe unha ameaza para o noso patrimonio e ingreso. Para estas situacións debemos contar cun seguro de responsabilidade civil. Así, o obxecto do seguro é trasladar á compañía aseguradora o custo de defensa e no seu caso, da cantidade á que se nos condene por calquera demanda da que sexamos obxecto, relacionada cun dano real ou presunto sufrido por un terceiro.
O Colexio ofrece un Seguro de Responsabilidade Civil Profesional, cuberto pola compañía Lloyd’s.
Ante unha reducida demanda colexial deste servizo detectada polo Ceesg, a subscrición do seguro non ten carácter obrigatorio para todas/os as/os colexiadas/os, senón que será de subscrición voluntaria para as persoas que o soliciten por escrito.
O custo de subscrición do seguro no 2024 é de 4.59 € anuais.