Listas de peritaxe xudicial 2025
Prazo de solicitude ata o 15 de decembro
Cada ano, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) elabora unha listaxe de profesionais dispostas/os a actuar como peritas/os.
A actividade pericial consiste na valoración obxectiva por parte de persoal experto dunha determinada situación ou feito, que pode ser influínte para a decisión xudicial, e pode ser empregado como proba nun xuízo. Este proceso está regulado pola Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil.
As persoas que actúan como peritas/os prestan este servizo por conta propia (non hai contratación laboral co xulgado). Aínda que a formación e experiencia non son requisito para integrarse nesta lista, dende o Ceesg recomendamos ter formación específica na materia e experiencia como educador/a social, pois é fundamental coñecer como funcionan os procedementos xudiciais, as designacións, situacións de incompatibilidade, ter práctica na redacción de informes, etc.
Quen queira solicitar a súa inclusión nas listas de peritaxe, pode facelo premendo no botón "Acceder".
PRAZO ata o 15 de decembro de 2024 (incluído)
Os datos que se faciliten enviaranse a Xulgados e Tribunais, ou facilitaranse ás entidades/persoas que poidan ter interese en contar cos servizos profesionais dunha/dun perita/o de parte.