Próximo cobro de cotas colexiais

30 - 11 - 2023

No mes de xaneiro pasarase o cobro de cotas colexiais (correspondente ao primeiro semestre 2024)
 Recordamos que existe a posibilidade de beneficiarse de cotas reducidas (por desemprego, xubilación, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas)
 Quen queira acollerse a este tipo de cotas, debe presentar a documentación pertinente entre o 1 e o 20 de decembro. 


A solicitude debe formalizarse exclusivamente a través do portelo único do Ceesg, no trámite 'Solicitude de cota semestral reducida'. Non se admitirán outras formas de presentación. A revisión e validación das solicitudes por parte do colexio comezará a realizarse a partir do 11 de decembro.