Próximo cobro de cotas colexiais, segundo semestre 2026
Na primeira quincena do mes de xullo farase o cobro de cotas colexiais (correspondente ao segundo semestre 2026)
Recordamos que existe a posibilidade de beneficiarse de cotas reducidas (por desemprego, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas).
As persoas xubiladas tamén poden solicitar a cota como colexiada/o senior neste prazo (neste suposto, as persoas que xa o solicitasen anteriormente non teñen que volver facelo)
Quen poida acollerse a este tipo de cotas, debe presentar solicitude e documentación pertinente ata o 20 de xuño.
A solicitude debe formalizarse exclusivamente a través do portelo único do CEESG, no trámite 'Solicitude de cota semestral reducida'. Non se admitirán outras formas de presentación.
As persoas que poidan beneficiarse da redución por desemprego e que teñan que renovar a tarxeta DARDE durante este prazo, deben facer a solicitude de cota reducida unha vez efectuada esa renovación.