Libro: Son de Fiar. Incorporando a perspectiva feminista na Educación Social

    10,00 € 10,00 € 10.0 EUR

    10,00 €

    This combination does not exist.

    Engadir ó carro

    151 páxinas.
    Tamaño 15x21 cm.


    Termos e condicións

    EDITA: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)

    AUTORÍA: FIADEIRAS, Grupo de Traballo en igualdade e feminismos do Ceesg.

    DESEÑA E MAQUETA: Marta Conde Domínguez. conxenia.gal

    REVISIÓN LINGÜÍSTICA: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

    ------------------------------------------------

     

    As educadoras e educadores sociais atopámonos nunha posición favorable para reducir situacións de desigualdade de xénero. A nosa capacitación para traballar no acompañamento individual desde o contexto comunitario supón unha extraordinaria posibilidade de socialización en igualdade para toda a cidadanía.

     

    Son de Fiar, é unha achega pedagóxica cunha clara vontade didáctica. Un material que pode ser empregado no traballo diario docente dos centros educativos, en formacións ocupacionais e noutros espazos de intervención social.

     

    Situámonos ante unha proposta socioeducativa que parte da educación social e achega unha mirada crítica respecto da propia educación social, co fin de acadar o que queremos: unha educación social feminista. Neste contexto, a implicación individual resulta fundamental, motivo polo que este material se caracteriza pola súa metodoloxía práctica, activa, participativa e dinámica. Abrangue un abano diverso de actividades que requiren de técnicas concretas, como exposición de ideas, dinámicas de reflexión individual, coñecemento, confianza, audios, vídeos, música, etc.

     

    Todas elas contribuirán a traballar o cambio de actitudes e a abordaxe dos temas desde diferentes planos —intelectual, emocional e corporal— para potenciar o desenvolvemento integral das persoas que acompañamos.

     

    Para poder seguir o fío, a publicación divídese en 7 retallos:

    §  1.º retallo: Nomeando. O que non se nomea non existe

    §  2.º retallo: Visibilizando. Quen é quen?

    §  3.º retallo: Denunciando. Machismos, de micro, nada

    §  4.º retallo: Posicionando. Posturas ante a vida

    §  5.º retallo: Actuando. Decálogo de boas prácticas na intervención socioeducativa

    §  6.º retallo: Avaliando. Aprendizaxe continua

    §  7.º retallo: Coidando. Coidado propio na intervención socioeducativa

    §  Bibliografía

     

    Cada retallo conta cunha estrutura concreta:

    • Comeza a fiar. Introdución a cada un dos retallos, que convida á reflexión e/ou ofrece un marco teórico da temática en cuestión.

    • Colle o punto. Dinámicas que pretenden ser o punto de partida para a reflexión e o debate arredor de cada un dos temas formulados.

    • Para seguir fiando. Recursos e ferramentas que favorecerán a continuidade da busca sobre cada un dos temas.

    • Fío musical. É un enlace musical relacionado coa temática e que conectará coa nosa parte máis emocional e artística.